Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia e Asturias piden que as zonas envellecidas e despoboadas reciban fondos de Bruxelas

Galicia e Asturias piden que as zonas envellecidas e despoboadas reciban fondos de Bruxelas

Alfonso Rueda e Adrián Barbón, acordaron pedirlle ao Goberno que traslade a petición á Unión Europea

Os mandatarios de Galicia e Asturias lembran que servizos como sanidade e educación son máis caros en sitios illados e con máis xente maior

G24.gal 17/03/2023 09:26

Os gobernos de Galicia e Asturias celebrarán un novo cumio bilateral das comunidades irmás que terá lugar na Reitoral de Taramundi e no que estarán os presidentes Alfonso Rueda e Adrián Barbón.

Pediron que Bruxelas modifique os criterios "restritivos" que aplica para a declaración de zonas escasamente poboadas e teña en conta aspectos como o sobreavellentamento e a dispersión poboacional que afecta a ambas as dúas comunidades.

O presidente Alfonso Rueda dixo que a natalidade, a conciliación, o envellecemento e atender o despoboamento son obxectivos principais. Dixo que é fundamental que en Europa permitan modificar a fiscalidade e as partidas de fondos que reciben as dúas comunidades autónomas para poder loitar contra o despoboamento. Destacou a efectividade que o Plan Retorna ten en Galicia e deu as cifra do ano 2022.

O asturiano Adrián Barbón dixo que van mater contacto permanentemente e facer un cumio anual, alternando o lugar de encontro entre as dúas comunidades autónomas. Como fronte común proxectan pedirlle ao goberno de España que promova modificar os criterios europeos para conseguir que Galicia e Asturias entren dentro dos parámetros de territorios con risco de despoboamento.

O obxectivo é poder asinar unha declaración conxunta para establecer mecanismos de cooperación na loita contra o despoboamento rural, un asunto "crucial" para o futuro de ambas as comunidades, que comparten "desafíos semellantes".

Non é a primeira vez que ambos os mandatarios autonómicos coinciden desde que Alfonso Rueda é presidente. O financiamento autonómico ou a reivindicación do corredor atlántico do noroeste son outras cuestións en que ambos os gobernos, xunto cos doutras comunidades, apostaron por facer fronte común.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade