Galicia e Asturias reforzan os seus lazos históricos "por riba das ideoloxías"
Galicia e Asturias reforzan os seus lazos históricos "por riba das ideoloxías"
Alfonso Rueda, do PP, e Adrián Barbón, do PSOE, reivindican o diálogo e o acordo no día de Galicia en Asturias
O presidente do principado de Asturias, Adrián Barbón, foi un dos galardoados coa Insignia de ouro e o carné de socio de honra que concede a asociación do día de Galicia en Asturias. Barbón destacou o vínculo histórico entre as dúas comunidades.
"É tanta a historia que nos une que é imposible que nada nos separe. E é importante seguir niso, construír unha política útil, debater dende o respecto e sendo conscientes de que uníndonos somos máis fortes e demostrando que outra política é posible e que os vínculos históricos entre galegos e asturianos van estar aínda máis fortes".
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor tamén a capacidade de chegar a acordos por riba de ideoloxías.
"Querer entendernos por riba de ideoloxías políticas, porque Galicia e Asturias teñen moitas oportunidades de entendemento. En Galicia algúns e algunhas deberían tomar nota de como se pode chegar a acordos entre institucións pensando que o que se propón é bo".
A alcaldesa de Xixón, Carmen Moriyón, tamén recibiu a Insignia de ouro e o carné de socia de honra da asociación do día de Galicia en Asturias.