Enfrontamentos coa policía en Grecia tras un acto de protesta polo accidente ferroviario
Enfrontamentos coa policía en Grecia tras un acto de protesta polo accidente ferroviario
O primeiro ministro heleno pide desculpas polo sinistro e promete unha investigación xudicial pola vía rápida
As protestas polo accidente do tren en Grecia remataron hoxe con disturbios e enfrontamentos coa Policía nun contexto de indignación polo estado de degradación da seguridade nas vías férreas no país.
Máis de dez mil persoas participaron en Atenas na manifestación convocada polos sindicatos ferroviarios para esixirlle responsabilidades ao executivo grego. A concentración tivo un carácter pacífico, pero ao rematar grupos radicais lanzaron cócteles molotov e laxes contra os policías e mesmo chegaron a incendiar maquinaria da construción. Os axentes responderon á súa vez con gases e granadas enxordecedoras.
O primeiro ministro, Kyriakos Mitsotakis, pediu perdón polo accidente este domingo mediante unha mensaxe nas redes sociais, na que sinala que "non pode ser que en Grecia, en 2023, dous trens circulen en dirección contraria pola mesma vía".