Cargando resultados...
Enmanuel Reyes, subcampión de Europa de boxeo: "O noso obxectivo é París"
Enmanuel Reyes, subcampión de Europa de boxeo: "O noso obxectivo é París"
O coruñés conseguiu a medalla de prata no campionato europeo de boxeo disputado en Armenia
G24.gal
30/05/2022 22:39
O boxeador coruñés Enmanuel Reyes Pla levou a medalla de prata na final do Campionato de Europa de Boxeo na categoría de menos de 92 quilos.
Reyes Pla caeu fronte ao italiano Aziz Abbes Mouhiidine por 5–0. O púxil galego, bronce no campionato do mundo de boxeo e tamén diploma olímpico nos xogos de Tokyo, pensa xa nos Xogos Olímpicos de París.