Publicador de contidos
Publicador de contidos

Enric Mas di adeus ao Tour na primeira etapa por unha caída

Enric Mas di adeus ao Tour na primeira etapa por unha caída

Carapaz chegou á meta pero non sairá na segunda etapa, por mor da mesma caída

Adam Yates gañoulle en Bilbao ao seu irmán Simon

Pogaçar foi o terceiro e rabuñou os primeiros segundos

G24.gal 01/07/2023 21:00

Este Tour, promete. Bastaron os primeiros 182 quilómetros da etapa inicial Bilbao-Bilbao, para poñer a carreira patas arriba.

O pelotón saíu inquedo e rapidamente cinco homes se deron á fuga, entre eles tres franceses, que endexamais chegaron acadar máis de dous minutos de diferenza e a súa aventura morreu a cincuenta quilómetros da meta.

Pouco despois, caían dous dos homes fortes da carreira: Richard Carapaz e un dos firmes candidatos o podio, o español Enric Más, que non puido continuar e acabou abandonando, coma lle sucedera o ano pasado por culpa do Covid.

Mentres, o ecuatoriano lograba recuperarse e chegar á meta con 15 minutos e 24 segundos de retraso.

As sorpresas non remataron aí. A falta de dez quilómetros, Pogacar decide probar os seus rivais. Seguiuno Vingegaard. E tamén os irmáns Yates. Adam, compañeiro de equipo de Pogacar no Emirates, e Simon, do Jayco.

A alianza entrambos lévaos a unha fuga na que toman doce segundos de vantaxe a falta de cinco quilómetros, distancia que lograrán manter na liña de chegada na que se impón Adam, con catro segundos de vantaxe sobre o seu irmán e doce sobre os homes importantes do pelotón.

Un grupo encabezado por Pogacar, que aproveitou a bonificación do terceiro posto para meterlle catro segundos a Vingegaard, o seu gran rival polo triunfo final. Mentres tanto, Adam Yates enfundábase o primeiro xersei amarelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos