Ensino e Baxi Ferrol cítanse na final da Copa Galicia
Ensino e Baxi Ferrol cítanse na final da Copa Galicia
A final dispútase mañá ás 12:00 h, en directo na G2 e G24.gal
Durán Maquinaria Ensino- Baxi Ferrol. Esa vai ser a final da edición 36 da Copa Galicia logo das semifinais disputadas este venres no pavillón Santa Isabel de Santiago. O único equipo da segunda categoría, o Cortegada de Vilagarcía aguantoulle ao Ensino ata o terceiro cuarto. No segundo inquedou a un desacertado equipo lucense, que só anotar cinco puntos. No terceiro, o contrario. O Cortegada quedou con só 4 puntos. O 16-4 para os de Antonio Pernas deixou o partido decidido. O Ensino compensou o seu desacerto con 24 rebotes ofensivos. Tate, Bea Sánchez e Lidia Giomi marcaron a diferenza na pintura.
O duelo entre equipos da máxima categoría non defraudou. O Baxi Ferrol e mailo Celta Zorka Racalvi estivo moi igualado, sobre todo contra o final cando as celestes neutralizaron a vantaxe que as de Lino López manexaran desde o final do primeiro cuarto. Tamén o rebote ofensivo foi importante, neste caso para o Celta. Murjanatu Musa capturou nada máis e nada menos que 14 e sostivo as aspiracións das viguesas, xunto aos 21 punto de Trahan Davies. No Baxi primou a colectividade, cos 12 puntos de Laura Howard e os 10 de Gala Mestres, cunha tripla decisiva.
O domingo ao mediodía a G2 será testemuño desta final. O Universitario de Ferrol , vixente campión, buscará o seu sexto título galego. O Ensino, o cuarto.