Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os viaxeiros xa dispoñen en Vigo da nova estación de autobuses intermodal

Os viaxeiros xa dispoñen en Vigo da nova estación de autobuses intermodal

Presta servizo desde primeiras horas deste sábado e está situada no centro da cidade

Unirá nun mesmo espazo buses e ferrocarril cunhas 500 operacións ao día

A estación consta de dúas plantas: a superior con 30 dársenas e a inferior con servizos aos usuarios

G24.gal 17/12/2022 14:57 Última actualización 17/12/2022 15:10

A primeira saída dende esta nova intermodal de Vigo producíase ás sete e media da mañá. Media hora máis tarde, chegaba o primeiro autocar a esta estación de Urzaiz.

O seu traslado ata aquí, abandonando o seu emprazamento actual na avenida de Madrid, sitúa no centro da cidade o gran nó do transporte público para os dous millóns de viaxeiros que prevé albergar ao ano.

Aínda que, dentro desa normalidade, houbo algún que outro contratempo para algúns usuarios nalgunhas liñas.

A terminal distribúese en dúas plantas, a superior ten trinta dársenas e a inferior alberga servizos ao viaxeiro. 12.000 metros cadrados de instalacións con comunicación directa á estación de ferrocarril, unha infraestrutura que prevé acoller unhas 500 operacións ao día. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade