Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entra en vigor a lei de universidades: folga para estudantes e colexios maiores mixtos

Entra en vigor a lei de universidades: folga para estudantes e colexios maiores mixtos

O galego entra no programa Erasmus, limítanse os profesores asociados e obriga á paridade en todos os órganos

G24.gal 11/04/2023 18:24 Última actualización 11/04/2023 21:48

 A nova Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU) entra en vigor este mércores 12 de abril.

 Entre as modificacións da nova norma destacan:

- O recoñecemento aos estudantes do dereito ao paro académico.

- A prohibición de que os colexios maiores públicos segreguen por sexo.

- A participación dos estudantes nos órganos de goberno da Universidade como o Claustro ou os Consellos de Facultade ou Departamento será como mínimo do 25 por cento.

- O compromiso de gasto do 1 % do Produto Interior Bruto (PIB) para 2030.

- Permite que unha persoa non funcionaria poida ser reitor de Universidade. Os candidatos a reitor "deberán ser persoal docente e investigador permanente, doutor a tempo completo e reunir os méritos de investigación, docencia e experiencia de xestión universitaria que determinen os Estatutos".  

Limita a docencia dos profesores asociados a un máximo de 120 horas lectivas

- Pretende adaptarse á formación permanente. É dicir, facer que as universidades estean dirixidas a todas as idades para dar resposta ás necesidades competenciais na idade adulta.

- Obriga a ter plans de igualdade e protocolos contra o acoso nas universidades públicas e privadas.

- Establece que todos os órganos das universidades serán paritarios. 

Asegurará a inclusión do catalán, eúscaro e galego no programa Erasmus.

Recoñece a experiencia profesional: as persoas que non posúan ningunha titulación universitaria habilitadora para acceder ás titulacións de formación permanente e que poidan acreditar experiencia laboral ou profesional con nivel competencial equivalente á formación académica universitaria poderán acceder aos ensinos universitarios de formación permanente.

As universidades contan cun prazo máximo de dous anos para adaptar os seus Estatutos á LOSU.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos