Entra en vigor o novo imposto de matriculación, que grava máis as emisións de CO2
Entra en vigor o novo imposto de matriculación, que grava máis as emisións de CO2
Vehículos ata agora exentos do imposto pasan a pagar un 4,75 % do prezo base
Calculan que aumentará nuns mil euros o prezo medio dos coches
O novo imposto de matriculación baséase nunha normativa máis estrita, que penaliza máis as emisións de dióxido de carbono.
O ano pasado estaban exentos do imposto os que emitían menos de 145 gramos de CO2 por quilómetro. Agora toca pagar a partir de 120 gramos, e é nese tramo onde se concentra a maioría das vendas.
"A gran maioría de coches, que o ano pasado no pagaban imposto, este ano pasan a pagar o 4,75 por cento", explica Juan Jamardo, director comercial dun concesionario en Santiago.
E os que xa pagaban, saltan de tramo impositivo e pasan a pagar máis: entre un 9,75 e un 14,75 por cento sobre o prezo base dos vehículos.
Xa anticipan que a suba pode retraer as vendas. Por iso hai marcas que xa estableceron descontos para amortecer ese impacto, e confían en que o próximo plan Renove tamén sirva para animar as vendas.