Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entran en Gaza desde Exipto decenas de camións de axuda polo paso de Kerem Shalom

Entran en Gaza desde Exipto decenas de camións de axuda polo paso de Kerem Shalom

É a primeira vez que Exipto envía axuda a Gaza desde que Israel tomou hai vinte días o lado palestino do paso de Rafah

G24.gal 26/05/2024 08:48

Decenas de camións con axuda entraron este domingo desde Exipto á franxa de Gaza a través do paso de Kerem Shalom, controlado por Israel, incluído combustible, informaron diversas fontes exipcias.

Os camións, con 20 toneladas de alimentos cada un, e catro cisternas empezaron a entrar a pasada madrugada desde o territorio exipcio ao corredor que leva a Kerem Shalom, onde son inspeccionados por Israel, aseguran fontes de seguridade e da Media Lúa Vermella exipcia.

Trátase da primeira vez que Exipto envía axuda a Gaza desde que Israel tomou fai vinte días o lado palestino do cruzamento de Rafah, no sur do enclave e fronteirizo coa Península do Sinaí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade