Publicador de contidos
Publicador de contidos

Entrégase á policía en Marín despois de darlle unha malleira á muller

Entrégase á policía en Marín despois de darlle unha malleira á muller

Apareceu na comisaría ao día seguinte acompañado do seu avogado

A muller tivo que ser atendida no hospital polos golpes

G24.gal 12/09/2024 15:48

 Un home entregouse este xoves á Policía Local de Marín tras propinarlle unha malleira á súa parella, segundo confirmou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada.

Fíxoo presentándose voluntariamente nas dependencias policiais acompañado do seu avogado, un día despois da agresión, que xa foi denunciada pola súa parella.

A muller solicitou que se lle impoña unha orde de afastamento.

Os feitos producíronse na madrugada do martes ao mércores no interior dun domicilio situado na rúa Ezequiel Massoni.

Foron os propios veciños os que alertaron as autoridades tras advertir os golpes e as fortes voces que saían da vivenda, acudindo ao lugar tanto patrullas da Policía Local como da Policía Nacional.

Cando chegaron os axentes, a muller "xa estaba fóra do domicilio", segundo relatou Losada, de onde a sacaron os seus familiares, polo que segundo o protocolo establecido para estes casos "foi trasladada ao hospital", onde foi atendida dos golpes que recibiu.

A súa parella, mentres tanto, encerrouse dentro do piso e negouse a abrir a porta.

O subdelegado explicou que o domicilio "como todos sabemos ou deberiamos saber é inviolable", polo que "fai falta unha orde xudicial para poder entrar".

Ao non abrirlles a porta, os policías marcharon do lugar "entendo que para conseguir a orde xudicial que permitiría entrar no domicilio ou deter o agresor", relatou Abel Losada, momento o que esta colleu a súa moto no garaxe e marchou do lugar.

Losada defendeu a "irreprochable" actuación policial neste caso, no que se actuou con "total profesionalidade" e cun "absoluto respecto" ás leis e aos protocolos de actuación.

A este respecto, como aseguraban os veciños, Losada negou que o sospeitoso "escapase diante dos narices da Policía". 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade