Cargando resultados...
Envorca un vehículo na rúa Emilia Pardo Bazán de Ourense
Os bombeiros tiveron que intervir para liberar a condutora do turismo, que quedou ferida leve no accidente
Un coche envorcou na rúa Emilia pardo Bazán de Ourense este domingo
G24.gal
30/04/2023 21:10
Moitas persoas foron testemuñas do aparatoso accidente deste vehículo que envorcaba este domingo na cidade de Ourense na rúa Emilia Pardo Bazán.
Os bombeiros liberaron a condutora que quedou nun primeiro momento atrapada no interior e que resultou con feridas leves.
Logo os servizos sanitarios do 061 trasladárona nunha ambulancia ao hospital de Ourense para recibir atención.