Equiocio, un evento de miles de persoas con cero residuos
Equiocio, un evento de miles de persoas con cero residuos
O certame remata cada ano cunha xornada formativa de limpeza para concienciar os participantes da necesidade de non contaminar
Tras calquera festa, concerto, ou evento social ou deportivo ao aire libre adoitar quedar un recinto con lixo, desperdicios e refugallo. Concienciar os cidadáns para manter unha conduta cívica e respectuosa coa natureza, tamén nos momentos de lecer, é o obxectivo da xornada de limpeza que Equiocio Ferrol organizou hoxe en Covas.
"Unha parte máis de Equipocio é limpar o espazo natural que temos aquí e facémolo todos os anos ao finalizar o evento, para deixalo en óptimas condicións para o ano que vén", declarou Manuel Sendón, o presidente da Comunidade de Montes de Covas e Esmelle, propietaria dos terreos.
"Coincienciámonos da necesidade de recoller as cousas. Moito lixo non é biodegradable e hai materias que tardan milenios en desaparecer", dixo unha das participantes.
Yadira Tenreiro, a presidenta da Asociación de Mozos Empresarios de Ferrol asegura que desde o incio do evento tiveron claro que a parcela debía quedar igual.
"As novas xeracións de empresarios de Galicia temos moi presente a responsabilidade social corporativa, a necesidade de deixar un mundo mellor", reflexionou.
Ana e Fede Pérez Lago, promotores de Equiocio, ese hai trinta anos amósanse satisfeitos.
"Pasaron por aquí miles de persoas, de máis de 20 entidades sociais, deportivas... e respectamos a natureza. É o ano que menos residuos recollemos. As cousas pódense facer ben", celebraron.