ERC acusa a Illa de mentir no Congreso e o PSOE aféalle que vaia á cámara facer campaña
ERC acusa a Illa de mentir no Congreso e o PSOE aféalle que vaia á cámara facer campaña
PNV e BNG dubidan de que as comisións das máscaras sirvan para algo
O PP acusa o PSOE de pactar o silencio de Koldo e a comparecencia de Illa
Salvador Illa, no Congreso e Koldo García, no Senado. Despois de escoitalos, xa hai quen tirou as primeiras conclusións. O BNG e o PNV dubidan de que este tipo de comisións sirvan para algo e cren que estamos diante dun "teatro".
Esquerra carga contra o exministro de Sanidade. Acúsano de mentir en sede parlamentaria. "Que veña aquí a dicir que non sabe nada, insulta á intelixencia", sostén Gabriel Rufián. Os socialistas analizan a intervención de Rufián e conclúen que foi ao Congreso a "facer campaña". Lembra Patxi López, voceiro do PSOE no Congreso, que este venres comeza a campaña electoral en Cataluña. O PSOE pecha filas co exministro de Sanidade. Din que foi unha gran referencia de "honestidade e de facer ben as cousas", segundo López.
O Partido Popular pregúntase por que o PSOE non interrogou nin a Illa nin a Koldo, e conclúen que non o fixeron por que pactaron tanto a intervención de Illa coma o silencio do exasesor do ministro Ábalos. Miguel Tellado, o voceiro do PP no Senado, ponlle data á reunión en que se acordou ese silencio. Di que foi hai dez días entre o actual secretario de Organización dos socialistas, Santos Cerdán, e o propio Koldo García. Este mércores o exministro de Sanidade comparecerá no Senado.