Escaseza de bicicletas e recambios nas tendas
Escaseza de bicicletas e recambios nas tendas
O desabastecemento débese, en parte, a unha rotura de stock
No sector da bicicleta hai esperas de ata dous anos para facerse con determinados modelos ou algúns dos seus recambios.
Nos seus respectivos negocios, Fabio e David intentan cumprir cos clientes. Tamén fixeron importantes compras para poder fgornecelos, igual ca Santiago. Con todo, hai unha importante rotura de stock no sector: maior demanda que oferta.
Polo xeral os vendedores apostan por ofrecerlle ao público o que xa teñen na tenda, non se comprometen a cumprir prazos con modelos que teñen que encargar porque non depende deles.
A medio prazo, apuntan que unha das posibles solucións sería apostar por fabricación nacional, xa que as grandes marcas pertencen a multinacionais cos provedores deslocalizados e, polo xeral, as fábricas en Asia.