Escaso premio para o Pontevedra co Fuenlabrada (0-0)
Escaso premio para o Pontevedra co Fuenlabrada (0-0)
Tarde de chuvia en Pasarón e partido deses que invitan a sofá e manta. De moito rigor táctico, de moita pelexa e poucas chegadas. Da primeira metade rescatamos ese tiro de Rubio. E tres accións con protagonismo arbitral. Na primeira un pisotón de Robles. Na segunda, un cobadazo de Aleix. O Fuenlabrada puido marchar ó descanso con nove e amais cun penalti en contra nesta cambadela de Bolaño a Rufo. O colexiado prexudicou o Pontevedra.
Na segunda, e co paso dos minutos, chegaron o cansazo e os erros. E con eles as ocasións. A máis clara do Fuenlabrada tras un erro en cadea que acaba co pelotazo de Cacharrón e con Fer Ruíz petando co pau. E a seguir as do Pontevedra. Esta tras unha recuperación de Rufo na banda que desembocou nun tiro de Brais e unha parada maxistral de Dani.
E estoutra cando o choque xa apuntaba a súa recta final, o Pontevedra volveuna ter, pero o centro de Álex González botoulle mal a Charles e non a puido enganchar. 0-0 final en Pasarón. O Pontevedra segue invicto na casa, mais marcha cun punto que non satisfai polo que mereceu, nin alivia a súa necesidade clasificatoria.