Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escotet anuncia que o Deportivo sairá do concurso de acredores este ano

Escotet anuncia que o Deportivo sairá do concurso de acredores este ano

O presidente de Abanca celebrou o cambio de rumbo do Deportivo nos últimos meses

Foto Abanca
G24.gal 05/02/2024 15:16 Última actualización 05/02/2024 15:25

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, celebrou o cambio de rumbo do Deportivo nos últimos meses. O empresario venezolano defende que os bos resultados do equipo no último tramo do campionato son froito do bo traballo nos despachos.

“Afortunadamente estes resultados deportivos empezan a acompañar, froito da boa xestión deportiva que se está facendo”, afirma.

As súas declaracións chegaron tras a presentación dos resultados da compañía financeira galega.

“Ratifico o compromiso que temos desde o principio” co Deportivo, sostén nesa mesma liña. A vontade da propiedade do Dépor é, segundo o seu mandatario, continuar coa profesionalización que se iniciou desde a súa chegada á praza de Pontevedra.

O Deportivo sairá do concurso de acredores antes de que termine a tempada.

“A nivel financeiro, este enorme esforzo que se está facendo para sacar de concurso ao club, a mediados do ano pode ser unha realidade. Esa é a mellor situación que permitirá ter un mellor desempeño cando se volva ao fútbol profesional e ás categorías que lle corresponden”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade