Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escotet, ratificado como novo presidente do Deportivo

Escotet, ratificado como novo presidente do Deportivo

O Deportivo terá esta temporada un orzamento de 21 millóns de euros

G24.gal 11/10/2024 13:19 Última actualización 11/10/2024 13:23

O empresario Juan Carlos Escotet, dono da entidade financeira Abanca, foi ratificado este venres como novo presidente do R. C. Deportivo na xunta de accionistas que o club branco e azul celebrou esta mañá en Riazor, con asistencia exclusivamente telemática.

Ademais da elección de Escotet como o presidente número 50 da historia do Dépor, a Xunta Xeral tamén aprobou, por unanimidade, o nomeamento do italiano Massimo Benassi como conselleiro delegado e a aprobación e formalización do contrato de adhesión ao préstamo participativo subscrito por a Liga cos clubs de Primeira e Segunda División, dentro do acordo marco de financiamento concedido polo fondo CVC Capital Partners a LaLiga.

Os accionistas do Dépor tamén acordaron, por maioría, fixar a duración do cargo de conselleiros en dous anos, para o que será necesario modificar a redacción actual do artigo 24 dos Estatutos.

O Deportivo terá esta temporada un orzamento de 21 millóns de euros. O pasado exercicio finalizou con catro millóns de débeda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar