Publicador de contidos
Publicador de contidos

Escrivá confía en pechar a reforma das pensións nas próximas semanas

Escrivá confía en pechar a reforma das pensións nas próximas semanas

O ministro propón que os salarios máis altos contribuan ao sistema cunha nova cota solidaria

Escrivá defende a ampliación do período de cálculo da pensión de 25 a 30 anos coa posibilidade de descartar os dous anos menos favorables

Escrivá propón a Bruxelas que os salarios máis altos contribuan ao sistema de pensións cunha cota solidaria
G24.gal 07/02/2023 14:19

O ministro de Seguridade Social, José Luis Escrivá, ve o vaso medio cheo e está confiado en pechar a segunda pata da reforma das pensións este mesmo mes, malia "ser un proceso complexo  e con moitos detalles".

En Bruxelas confirmou que a negociación estase a facer a tres bandas. Coa propia Comisión Europea, cos partidos políticos e tamén cos sindicatos.

O atasco está provocado polas diferenzas sobre a polémica proposta do ministro de ampliar o período de cálculo de 25 a 30 anos, descartando os dous peores anos.

O ministro defende a proposta porque o sistema "debe ser solidario con aquelas carreiras nas que os últimos anos non son precisamente os mellores en canto a cotización se refire". 

Pero os argumentos non convencen nin a Podemos, nin a sindicatos, nin a empresarios. 

Para desatascala, Escrivá pon sobre a mesa novas medidas para incrementar ingresos. 

A última, que os salarios máis altos, por enriba da base máxima de cotización, contribúan cunha cota solidaria ao sistema.

Actualmente, a parte do soldo que está por riba desa base máxima, 4.500 euros, non cotiza á Seguridade Social. A idea do Goberno é aumentar un 30 por cento esta cotización nas próximas décadas. 

Se sae adiante, esta lexislatura remataría con tres recargas nas cotizacións que antes non existían.  A suba das bases máximas, o recargo adicional aos salarios máis altos e o novo mecanismo de equidade interxeracional que desde xaneiro pagan todos os traballadores. 

O ministro revólvese contra os prognósticos dalgúns expertos que din que as contas do sistema seguirán sen cadrar porque "son mensaxes envelenados para poñer en cuestión o noso sistema e xerar incertidume entre os cidadáns". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade