Escrivá di que a reforma das pensións estará lista en marzo ou mesmo en Semana Santa
Escrivá di que a reforma das pensións estará lista en marzo ou mesmo en Semana Santa
Bruxelas agarda a reforma para un novo desembolso de fondos comunitarios
O ministro de Seguridade Social José Luis Escrivá tenta pechar coa Comisión Europea a reforma do sistema de pensións que permitirá un novo desembolso de fondos Next Generation.
É a segunda visita do ministro a Bruxelas en menos de dúas semanas, de novo coa reforma das pensións como protagonista.
O Goberno segue sen pechala e algunhas informacións sinalan unha división entre os dous partidos da coalición.
O responsable da Seguridade Social José Luis Escriva traballa para aumentar o período de cotización, con flexibilidade naqueles traballadores, como as mulleres, que ven interrompida a súa vida laboral.
En Bruxelas, o ministro amosouse convencido de que este período de cálculo aumentará, como tamén quere a Comisión Europea.
Sobre as cotizacións dos altos soldos, falou dunha cota de solidariedade ou recargo. Pero Escrivá xa non está tan seguro de que a reforma das pensións saia neste mes, como nos dixera. O ministro da Seguridade Social fala mesmo de Semana Santa.