España cumpre no trámite de Albania (1-0)
España cumpre no trámite de Albania (1-0)
Italia empatou no minuto 98 e eliminou a Croacia, que tiña a clasificación no peto
España cumpriu o trámite fronte a Albania. Cun once cheo de xogadores non habituais e reservando o groso dos titulares nas dúas primeiras xornadas para pensar nos oitavos de final, o equipo de Luis de la Fuente gañoulle por 0-1 a Albania.
Ferrán Torres marcou o gol do partido no minuto 13 ao cruzar un pase en profundidade de Dani Olmo. Comezara moi forte a selección española con ocasións de Merino e Joselu e o gol era consecuencia dese dominio. A partir de aí acougou moito España, que seguiu dominando á inocente Albania pero sen xerar moitas oportunidades.
𝑺𝒆𝒏̃𝒐𝒓𝒆𝒔, 𝒄𝒐𝒏 𝒑𝒆𝒓𝒎𝒊𝒔𝒐, 𝒃𝒖𝒆𝒏𝒂𝒔 𝒕𝒂𝒓𝒅𝒆𝒔
— RTVE (@rtve) June 24, 2024
Dani Olmo le sirve el gol en 𝒃𝒂𝒏𝒅𝒆𝒋𝒂 𝒅𝒆 𝒑𝒍𝒂𝒕𝒂 a Ferran Torres con una asistencia espectacular. #EuroRTVE #Euro2024
¡Se adelanta España ante Albania!
DIRECTO | @La1_tve, @rtveplay y… pic.twitter.com/Ybd3W9af3G
O segundo tempo principiou cunha clara de Joselu, que rematou de xeito acrobático un centro de Grimaldo. De La Fuente comezou a facer trocos para reservar a Laporte e deulle a posibilidade de debutar a Fermín. O partido baixou de ritmo e Albania aproveitou para buscar o gol e ter así algunha posibilidade de clasificación. Pero o marcador non se movería e España rematou a primeira fase con pleno de puntos.
Italia salva os mobles no último minuto
A Croacia só lle valía a vitoria para seguir nesta Eurocopa e durante moitos minutos tivo a clasificación grazas a un gol de Modric (minuto 55), que fallara un penalti na acción inmediatamente anterior.
🎭Alegría - Tristeza - Alegría (croata):
— Teledeporte (@teledeporte) June 24, 2024
1. Penalti a favor de Croacia.
2. Modric falla el penalti.
3. Gol de Modric 30 segundos después.#EURo2024 #EuroRTVE pic.twitter.com/5nmdoMYZgR
Italia carecía de recursos, ata que no minuto 98 apareceu Zacagni para marcar cun remate cruzado pola escuadra e salvar o segundo posto mandando para a casa a Croacia.