Publicador de contidos
Publicador de contidos

España, á cola de Europa na execución dos fondos estruturais

España, á cola de Europa na execución dos fondos estruturais

Ata setembro, só se gastaron o 63 % dos cartos do presuposto 2014-2020

O prazo para consumilos remata a finais de ano

Antón Montero 17/01/2024 20:34 Última actualización 17/01/2024 21:15

España é o país da Unión Europea que vai máis lento na execución dos fondos estruturais. Ata o mes de setembro do ano pasado, segundo os últimos datos da Comisión, só executou o 63 % de todas as axudas que lle correspondían do ciclo orzamentario do 2014 ao 2020.

O problema é que eses cartos hai que executalos, como moi tarde, antes de finais deste ano. Polo tanto, tanto a Administración central como as autonómicas e as locais teñen que apurar para executar todos estes fondos.

España só investiu 47.000 millóns dos 75.000 millóns que lle correspondían, é dicir, o 63 %. As causas son múltiples: o ciclo electoral do 2023, as trabas burocráticas e a chegada masiva dos fondos de recuperación europeos, que se superpoñen cos estruturais.

Precisamente, sobre os fondos de recuperación, o Estado ten pendente recibir un pago de 10.000 millóns. Pero ese pago está asociado á reforma do subsidio por desemprego. España solicitou os cartos en decembro, ten ata marzo para recibilos.

O que está a facer a Comisión é avaliar como vai cadrar a non aprobación do subsidio por desemprego coa entrega deste desembolso.

Podería ser unha parte do diñeiro. Pero, como recoñece o vicepresidente da Comisión, Valdis Dombroskis, aínda é cedo para tratar o tema e o diálogo está aberto co Goberno.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade