Cargando resultados...
Adxudicado 59 % dos fondos de recuperación asignados a España
Adxudicado 59 % dos fondos de recuperación asignados a España
O ministro de Economía informou de que se están repartindo 1.300 millóns ao mes
Cuerpo avanza que xa se están cumprindo os obxectivos previos a un novo desembolso
Antón Montero
16/10/2024 20:06
Última actualización 16/10/2024 20:13
O Goberno xa adxudicou máis da metade dos fondos europeos de recuperación asignados a España. Son máis de 42.000 millóns de euros. Con estes datos, o ministro de Economía confía en que dará tempo a usar todas as axudas antes de que remate o prazo fixado por Bruxelas.
Carlos Cuerpo explicou que "dos 79.000 millóns en transferencias que temos asignados xa convocamos máis de 72.000 millóns. E desas convocatorias xa se resolveron o 59 %. Estes datos de seguimento márcannos o bo ritmo de execución do Plan de Recuperación".