Publicador de contidos
Publicador de contidos

España afronta o verán con 11.000 hm³ máis de auga nas represas que en 2023

España afronta o verán con 11.000 hm³ máis de auga nas represas que en 2023

Os encoros galegos superan o 88 por cento de media da auga almacenada: Galicia-Costa (86,1 %), Miño-Sil (90,1 %) e Cantábrico Occidental (91,8 %)

Contrastan os datos cos das cuncas internas de Cataluña, (27 %) e a do Segura (23,8 %), esta a que menos caudal acumula

Encoro na Peroxa Encoro na Peroxa
G24.gal 25/05/2024 10:10

Despois dun xaneiro, febreiro e marzo húmidos, cunha precipitación por riba do normal, España enfronta  o verán meteorolóxico, do 1 xuño ao 1 de setembro, cos encoros ao 66,3 % da súa capacidade total, acumulando 37.154 hectómetros cúbicos  de auga, é dicir, 11.000 hm³ máis que en 2023, o que supoñen 18 puntos porcentuais de incremento.

Con respecto á media dos últimos cinco anos, 32.000 hectómetros cúbicos, e á media do decenio, 36.365 hectómetros cúbicos, a reserva de auga actual tamén se sitúa por riba, con algo máis de 5.000 hm³ e 1.000 hm³ respectivamente.

Auga acumulada en cuncas hidrográficas

A día de hoxe, das 16 cuncas existentes máis da metade teñen niveis moi por riba do 50 por cento: Cantábrico occidental (91,8 %), Douro (91,7 %), Miño-Sil (90,1 %), cuncas Internas do País Vasco (90,5%), Cantábrico Oriental (87,7), Tinto, Odiel e Piedras (85,2 %), Galicia Costa (86,1 %), Tajo (79,7 %), Ebro (75,2 %), Júcar (55,1 %) e Guadiana (50,6 %).

No lado oposto, e moi por baixo do 50 por cento da súa capacidade, atópanse a cunca do Guadalquivir (46,7 %), a bacía Mediterránea Andaluza (31,5 %), a de Guadalete-Barbate (30 %), as cunncas internas de Cataluña (27 %) e a do Segura (23,8 %), esta última, a que menos caudal de todas as concas acumula.

Por comunidades autónomas, as que máis almacenan son a Comunidade Foral de Navarra (94,5%), Asturias (92,3 %) e Castela e León (91,6 %), Comunidade de Madrid (88 %), Galicia (88,5 %) e País Vasco (86,5 %), Aragón (87,4 %), A Rioxa (73,9 %) e Estremadura (68,8 %), Castela-A Mancha (53,8 %) e Cataluña (58 %).

Nos últimos postos das autonomías que menos augan encorada albergan son Cantabria (47,4 %), Andalucía (43,1 %), Comunidade Valenciana (42,3 %) e a Rexión de Murcia (27 %).

Nas acumulacións por provincias, despunta Valladolid cun almacenamento por auga do 100 por 100, fronte a Almería con apenas un 8 por cento.

Balance climático

Estes niveis de auga, máis elevados que anos atrás, derivan, entre outros aspectos, dun inicio de ano húmido con xaneiro e febreiro á cabeza, pero sobre todo marzo, polo paso da borrasca Nelson que os últimos días do mes deixou acumulados por encima dos 100 litros por metro cadrado en amplas zonas de España.

Abril, foi en xeral seco, agás en Cataluña, onde as súas bacías tiveron un respiro grazas ás importantes precipitacións que, aínda que non reverteron os graves problemas de escaseza existentes, propiciaron unha moderada melloría. As choivas nos últimos meses tamén foron relevantes no Guadiana e no Guadalquivir, así como na parte máis occidental, as cuncas atlánticas,  das cuncas andaluzas; con todo na parte oriental da bacía do Júcar ou na maior parte da do Segura a choiva non destaca e, polo tanto, a situación non mellorou.

Ano hidrolóxico

O valor medio das precipitacións desde o pasado 1 de outubro de 2023 e ata o 21 de maio é de 534 litros por metro cadrado, o que representa un 6 % máis que o valor normal no devandito período que é de 506 litros  por metro cadrado.

Conforme os datos da Aemet, as precipitacións superan os valores normais na metade oeste e interior da península, na zona oriental do País Vasco, en Navarra, na metade oeste do Pireneo e no norte de Aragón.

Pola contra, as cantidades acumuladas atópanse por baixo do normal no terzo leste, ademais de en Asturias, Cantabria, a metade norte da provincia de Burgos, a metade este e sur de Andalucía e ambos os arquipélagos.

A axencia de meteoroloxía destaca que as precipitacións están especialmente baixas nunha franxa no levante peninsular, desde Almería ata o delta do Ebro, pero sobre todo en parte de Murcia e Almería e no litoral de toda a Comunidade Valenciana, onde se rexistrou menos dunha cuarta parte da súa precipitación media.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade