Cargando resultados...
España cancela o envío de tanques Leopard a Ucraína por estar nun estado "lamentable"
España cancela o envío de tanques Leopard a Ucraína por estar nun estado "lamentable"
Levan moitos anos en desuso e poderían supoñer, dixo Margarita Robles, un risco para as persoas
G24.gal
02/08/2022 21:21
A ministra de Defensa, Margarita Robles, confirmou que España non enviará os carros de combate Leopard a Ucraína, ao comprobar que están "nunha situación lamentable", en palabras da propia ministra.
Os Leopard, habituais nos desfiles das Forzas Armadas, levan moitos anos en desuso e poderían supoñer, dixo, un risco para as persoas.
Non é a primeira vez que se cuestiona o material militar enviado a Ucraína. As metralladoras lixeiras Ameli, enviadas ao inicio do conflito, xa deron moito que falar nas redes sociais pola súa dubidosa calidade.