Publicador de contidos
Publicador de contidos

España comprométese a impulsar o nexo da UE con Iberoamérica

España comprométese a impulsar o nexo da UE con Iberoamérica

Sánchez afirma que aproveitará a presidencia da Unión para lograr un diálogo regular 

O anuncio produciuse no XXVIII Cumio Iberoamericano

G24.gal 25/03/2023 20:44 Última actualización 25/03/2023 21:00

O rei Filipe VI afirmou que os cumios iberoamericanos son, pola súa continuidade e actividade, unha iniciativa de éxito, que tecen tamén os propios cidadáns.

"Creouse unha comunidade de acción verdadeira, a iberoamericana, que tamén o é de solidariedade, de respecto e de afectos".

Pedro Sánchez afirmou que hoxe máis que nunca convén actuar unidos para conseguir sociedades máis xustas, tras recordar que a pandemia e a guerra en Ucraína empeoraron as taxas de pobreza.

 "Estamos falando de 201 millóns de seres humanos, quince millóns máis que antes da pandemia".

Sánchez destacou as fortalezas da rexión e avogou por que Iberoamérica teña voz propia no mundo. Neste sentido, comprometeuse a impulsar o seu nexo coa Unión Europea, cando asuma a presidencia dos 27 no segundo semestre deste ano.

"Imos tratar de establecer un diálogo político regular, estruturado e sistemático entre a Unión Europea e a Celac para a abordar xuntos os desafíos globais".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade