España, con catro galegas no equipo, xogará a final do Europeo de fútbol sala
España, con catro galegas no equipo, xogará a final do Europeo de fútbol sala
Luci marcou un dos goles contra Portugal (3-2) e Silvia Aguete estivo brillante baixo os paus
España volverá xogar a final do Europeo de fútbol sala despois de derrotar a Portugal (3-2) nun partido que os expertos consideraban como unha final anticipada.
Unha vez máis, foi decisiva a achega das xogadoras galegas. Luci Gómez (Poio Pescamar) marcou o primeiro gol da selección española e Silvia Aguete (Marín Futsal) mantivo a raia as atacantes portuguesas. Tamén xogaron as galegas Ale de Paz e Antía Pérez así como as xogadoras de Burela Peque, Dany e Irene Samper.
O partido resultou moi emocionante, con Portugal collendo o mando no primeiro minuto. Remontou España antes do descanso pero as veciñas volveron a igualar na segunda metade. Cando só quedaban dous minutos para o final Irene Córdoba anotaba o definitivo 3-2.