España considera "inaceptable" a postura de Noruega de fixar as súas cotas de pesca
España considera "inaceptable" a postura de Noruega de fixar as súas cotas de pesca
O ministro Planas propón aprobar restriccións comerciais como represalia
Os 27 analizaron as negociacións co Reino Unido para pechar un acordo en decembro
O ministro de Pesca en funcións Luis Planas criticou a Noruega por pretender fixar de xeito unilateral as cotas de pesca nas súas augas. Na xuntanza cos seus homólogos comunitarios, Planas ameazou con limitar a entrada dese peixe no mercado comunitario.
"É moi importante que manteñamos esa unidade porque no caso de Noruega, por exemplo, adóptanse posicións que non podemos aceptar. Como bloque, temos que invocar o principio de reciprocidade tamén en materia comercial en defensa dos intereses comúns da Unión Europea", dixo o ministro.
O consello de pesca tamén perfilou a postura da UE ante as inminentes negociacións co Reino Unido. Os 27 queren pechar un acordo de repartimento de cotas con Londres en decembro.