Publicador de contidos
Publicador de contidos

España debuta nuns xogos cunha remonta ante Xapón (2-1)

España debuta nuns xogos cunha remonta ante Xapón (2-1)

Tere Abelleira xogou os últimos dez minutos de partido

A xogadora de balonmán Alicia Fernández non puido estar na derrota ante Brasil por 19-28

G24.gal 25/07/2024 18:44

As campioas do Mundo comezaron con vitoria o seu periplo nos Xogos Olímpicos. Gañáronlle por 2-1 a Xapón remontando o tanto inicial do equipo asiático. Os dous equipos xa se enfrontaran no último mundial con vitoria nipoa por 0-4, nun partido que supuxo un antes e un despois para a selección española. 

As xaponesas adiantáronse cedo pero a mellor xogadora do mundo, Aitana Bonmatí, atopou o oco para lograr o empate antes do descanso. Na segunda metade Mariona Caldentey conseguiu o 2-1 a falta de quince minutos e posibilitou o triunfo. Tere Abelleira entrou no 82 para manter o resultado. 

A selección feminina de balonmán, goleada por Brasil

Non tivo a mesma sorte a selección feminina de balonmán que perdeu con claridade ante Brasil por 19-28. A superioridade amarela foi total nun partido que non puido xogar a de Valdoviño Alicia Fernández, descartada por uns problemas físicos horas antes de iniciarse o partido. A única vantaxe que tivo España foi o 1-0 inicial. Despois Brasil pasoulle por riba e con iso obriga á selección a facer un sobreesforzo para gañar os seguintes partidos e pasar á loita polas medallas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos