Publicador de contidos
Publicador de contidos

España deleita contra Suíza con bo fútbol e goles (5-0)

España deleita contra Suíza con bo fútbol e goles (5-0)

Destacou Aitana Bonmatí con dous goles

A pontevedresa Tere Abelleira volveu levar o temón no centro do campo

G24.gal 26/09/2023 22:24 Última actualización 26/09/2023 22:45

O partido do pasado mundial contra Suíza cambiou o destino da selección española feminina. Acababa de perder dun xeito contundente ante Xapón e aquela goleada por 5-1 nos oitavos de final fixo crer que o título era posible. 

Volveron atoparse os dous equipos na fase de grupos da Liga das Nacións e as sensacións do partido foron as mesmas. A superioridade de España foi total e o triunfo claro e contundente (5-0). A pontevedresa Tere Abelleira volveu demostrar a madurez do seu xogo e levou o temón desde o centro do campo. 

O partido durou o que aguantou Suíza sen recibir un gol. Aos 15 minutos marcou Lucía García e xusto antes do descanso Aitana Bonmatí fixo o segundo. 

 

 

No segundo tempo, Aitana aumentou a súa conta nada máis saír do vestiario e Inma Gabarro marcou o cuarto antes de chegar á hora de partido. 

O quinto e definitivo gol foi obra de Maite Oroz cun sensacional remate desde a frontal que entrou pola mesma escuadra. O encontro tamén nos deixou un récord de asistencia nun partido da selección española feminina. O Arcángel de Córdoba rexistrou unha moi boa entrada con máis de 14.000 espectadores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos