Publicador de contidos
Publicador de contidos

España enviará a Ucraína seis tanques Leopard despois de Semana Santa

España enviará a Ucraína seis tanques Leopard despois de Semana Santa

Margarita Robles asegura que o envío non suporá unha escalada bélica

G24.gal 29/03/2023 15:08

A ministra de Defensa, Margarita Robles, compareceu no Congreso para anunciar que España enviará a Ucraína despois de Semana Santa os seis tanques Leopard xa reparados.

Margarita Robles lembrou que posteriormente se enviarán outros catro carros de combate, e asegurou que esta axuda non supón unha escalada bélica. 

"Neste momento están sendo obxecto de adestramento para ver que funcionan correctamente, e serán enviados a Ucraína despois de Semana Santa. Non estamos creando unha escalda bélica do conflito, senón que lle estamos dando ao país ferramentas para continuar defendéndose desa agresión", asegurou a ministra de Defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade