Publicador de contidos
Publicador de contidos

España evacúa a máis de 30 nacionais do Sudán

España evacúa a máis de 30 nacionais do Sudán

Dous avións A400M do Exército do Aire trasladan a Djibuti máis dun cento de españois, sudaneses e cidadáns doutros países europeos e de América Latina

Na operación participaron preto de 200 militares

Cidadáns franceses e europeos evacuados nun A400M de Francia desembarcan en Djibuti Cidadáns franceses e europeos evacuados nun A400M de Francia desembarcan en Djibuti
G24.gal 23/04/2023 23:21 Última actualización 24/04/2023 03:16

España evacuou máis dunha trintena de nacionais do Sudán. Dous avións A400 M sacáronos do país africano, que vive un enfrontamento entre o exército e os paramilitares desde o pasado día 15. Contra as 23:00 hora galega, saíron da capital con rumbo a Djibuti, segundo confirmaron no Goberno.

Canda aos españois viaxan cidadáns sudaneses, doutros catro países europeos e da Arxentina, Venezuela, México e Colombia.

"Acaban de engalar en Khartum os avións do Exército do Aire cos nosos cidadáns e da Embaixada de España no Sudán a bordo. Tamén viaxan outros cidadáns europeos e latinoamericanos. Ningún incidente no traslado do noso convoi", publicou o ministro Albares na rede social Twitter.

O Ministerio de Defensa enviou vehículos blindados RG-31 e efectivos de operacións especiais, que escoltaron o convoi de evacuados.

Está previsto que desde Djibuti sexan trasladados a España nun avión de transporte A320.

Un grupo de españois decidiu quedar no Sudán ou abandonalo pola súa conta. Outros xa marcharan cando as autoridades activaron esta operación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade