Publicador de contidos
Publicador de contidos

España pídelle á UE 100 equipos de bombeo e 50 especialistas para a DINA

España pídelle á UE 100 equipos de bombeo e 50 especialistas para a DINA

O Ministerio do Interior, a pedimento da Generalitat valenciana, activou o Mecanismo de Protección Civil da Unión Europea

Un bombeiro baleira auga en Massanassa (Valencia). REUTERS/Ana Beltrán Un bombeiro baleira auga en Massanassa (Valencia). REUTERS/Ana Beltrán
G24.gal 09/11/2024 09:09 Última actualización 09/11/2024 10:06

O Ministerio do Interior, a pedimento da Generalitat valenciana, activou o Mecanismo de Protección Civil da Unión Europea para solicitar cen equipos de bombeo de alta capacidade e cincuenta asistentes técnicos para intervir nas comarcas valencianas afectadas pola DINA.

O obxectivo da solicitude é reforzar os equipos que sobre o terreo xa traballan en operacións de baleirado de lodos de alta densidade en garaxes e redes de sumidoiros, limpeza de vías ou recuperación de depuradoras de augas, informa Interior nun comunicado.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Protección Civil do Ministerio do Interior pediulle á UE o envío de medios para a limpeza, recuperación e tratamento de residuos como contedores de obra, camións, vehículos varredores, miniretroescavadoras, motobombas, guindastres e plataformas.

Activación do sistema

España activou por primeira vez o sistema europeo de colaboración fronte ás emerxencias en 2009, cando se solicitaron medios aéreos e brigadas forestais para facer fronte a unha vaga de incendios forestais.

Despois, este mecanismo europeo activouse durante a pandemia da covid-19 en distintas ocasións para recibir envíos de máscaras ou para evacuar cidadáns españois de Mozambique e de distintos países suramericanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade