Cargando resultados...
España recibe a Dinamarca coa obriga de lograr o triunfo
España recibe a Dinamarca coa obriga de lograr o triunfo
O partido corresponde á terceira xornada da Liga das Nacións e unha derrota podería meter o equipo de Luís de la Fuente en problemas para pasar á seguinte fase
G24.gal
11/10/2024 21:13
A selección española recibe este sábado en Murcia a Dinamarca. O partido corresponde á terceira xornada da Liga das Nacións, unha competición que lideran os daneses con seis puntos, dous máis que o equipo que lidera Luis de la Fuente. Non hai que esquecer que España foi a última campioa do torneo e que chega á cita con importantes baixas. Dous alicerces na conquista do último Europeo como Rodri ou Carvajal están mancados de longa duración.