Publicador de contidos
Publicador de contidos

España recibe as primeiras 200 vacinas contra a varíola do mono

España recibe as primeiras 200 vacinas contra a varíola do mono

España é o segundo país europeo con máis casos confirmados, despois do Reino Unido

As autoridades sanitarias teñen que determinar como e a quen administrar as doses

G24.gal 06/06/2022 21:44

España recibe as primeiras 200 unidades de Imvanex, a vacina de terceira xeración que adquiriu para tratar de controlar o gromo de varíola do mono, que as autoridades sanitarias deberán determinar, chegado o caso, como e a quen administrar.

Este martes a Comisión de Saúde Pública ten previsto tratar unha proposta de vacinación fronte á varíola do mono. Na reunión poderíase acabar de perfilar a estratexia de vacinación fronte a un gromo que suma 198 casos.

Estas 200 vacinas son froito das "xestións" que o Goberno español fixo con outro estado membro da UE á marxe do acordo de compra centralizada ao que España se adheriu con outros países a través da Autoridade Europea de Preparación e Resposta ante Emerxencias Sanitarias. Esta autoridade é a que "vai comprar e vai doar" os fármacos en función da poboación.

Aínda que tamén as "adiantarán os países con máis casos", segundo asegurou a semana pasada a ministra de Sanidade na súa comparecencia no Congreso. España sitúase como o segundo país europeo con máis casos confirmados, tras o Reino Unido, que contabilizou 225.

Na mesma comparecencia, Darias adiantou a chegada das primeiras decenas de tratamentos antivirais Tecovirimat SIGA —autorizado tamén para a varíola e a varíola bovina—, que se destinará ás persoas con maior risco de desenvolver a enfermidade de forma grave.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade