Publicador de contidos
Publicador de contidos

Efectos en España da guerra en Ucraína: suba de prezos e caída das exportacións

Efectos en España da guerra en Ucraína: suba de prezos e caída das exportacións

A Unión Europea busca fórmulas para que non se dispare o prezo da electricidade

España sufrirá as consecuencias económicas do conflito
G24.gal 25/02/2022 14:34

As empresas españolas exportan case 3 mil millóns de euros anuais a Rusia e Ucraína. A cifra dá unha idea do impacto que a guerra terá en España.

Un primeiro efecto vaise notar na inflación. Segundo a Fundación de Caixas de Aforro subirá entre un e dous puntos. As exportacións tamén se van ver afectadas.

E logo está o incremento do prezo do petróleo ou o gas. E a electricidade, xa o recoñece o Goberno, tamén se vai ver afectada.

A vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño,  insta os 27 a tomar novas medidas para que non se dispare o recibo da luz.

A perspectiva das empresas españolas é pesimista. Os exportadores prevén custos elevados para España e para Europa derivados das sancións a Rusia. A incerteza a nivel mundial, aseguran, provocará subas nos prezos da enerxía e doutras materias primas como os cereais dos que Rusia e Ucraína son importantes produtores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade