Publicador de contidos
Publicador de contidos

ERC propón rebaixar a tres anos as penas por malversar sen ánimo de lucro

ERC propón rebaixar a tres anos as penas por malversar sen ánimo de lucro

O PSOE e Unidas Podemos presentan unha emenda para incluír no Código penal un novo delito de enriquecemento ilícito para cargos públicos

G24.gal 09/12/2022 21:13 Última actualización 09/12/2022 21:29

O que propón Esquerra Republicana para a malversación é que as penas sexan distintas en función do ánimo de lucro do que comete o delito.

Se non hai beneficio persoal, contemplan  entre seis meses e tres anos de cadea. No resto de casos manteñen as condenas actuais, que poden chegar aos doce anos de prisión. Tamén pretenden rebaixar a pena de inhabilitación a catro anos.

Con esta modificación conseguirían beneficiar case corenta exaltos cargos da Generalitat con causas abertas, varios dos condenados polo procés e os fuxidos a Bélxica, entre eles Carles Puigdemont.

O PSOE e os seus socios están abertos a debater a proposta, pero manteñen a liña vermella.

"Sempre e cando non beneficie ningún imputado por corrupción", di Pablo Echenique, de Unidas Podemos.

"Non imos aprobar nada que supoña a despenalización do uso indebido dos fondos públicos", afirma Patxi López, do PSOE.

PSOE e Unidas Podemos non presentaron emendas para a malversación, pero si unha para introducir no Código Penal o delito de enriquecemento ilícito para políticos.

Contempla penas de ata tres anos para os cargos públicos que incrementen o seu patrimonio en máis de 250.000 euros sen xustificar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade