Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia dálle a benvida ao horario de verán: ás 2:00 desta madrugada serán ás 3:00

Galicia dálle a benvida ao horario de verán: ás 2:00 desta madrugada serán ás 3:00

A modificación do horario continuará polo menos ata 2026, malia que a maioría dos españois preferiría eliminar o cambio

G24.gal 24/03/2023 17:02 Última actualización 25/03/2023 22:46

Co cambio de hora deste sábado, o que máis notaremos, independentemente do que marque o reloxo, é que hai máis horas de sol. Os días son máis longos e as noites máis curtas.

Para aforrar enerxía, dende 1981 os países da Unión Europea decidiron mudar os horarios tanto no outono como coa entrada da primavera.

Hai debate sobre se se consegue tal aforro ou non, o certo é que nos muda os hábitos, sobre todo dos máis pequenos.

Durmiremos unha hora menos na madrugada do domingo, que haberá que recuperar despois. Ás dúas da madrugada serán as tres, agás nas Canarias que adopta a modificación coa súa respectiva hora de diferenza.

Un mal menor se o cambio horario serve para aproveitar máis as tardes ao sol. Hai propostas para poñerlle fin a este costume. O BOE publicou o ano pasado o decreto que establece o último cambio horario que se fará no noso país, será en outubro de 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar