Este sábado pola noite cambia a hora
Este sábado pola noite cambia a hora
Ás dúas da madrugada pasarán a ser as tres
Na madrugada deste sábado ao domingo entra en vigor o horario de verán. Os reloxos van adiantar unha hora das dúas ás tres da madrugada, así que teremos unha hora menos de sono.
E como sempre, xorden as interrogantes sobre os supostos prexuízos ou beneficios que esta medida provoca.
Todos os anos se repite a controversia, e lóxico e saudable cambiar a hora en primavera? A comunidade científica cada vez máis en contra. Na rúa opinións para todos os gustos.
Os que está a favor teñen os seus argumentos. E os que ven o cambio prexudicial insisten sobre todo nas alteracións que lles causa no sono.
E a xente tamén se fai esta reflexión? porque seguimos cambiando a hora en primavera e outono se non hai certeza de beneficios económicos?
En todo caso, tanto se nos gusta coma se non, a realidade é que do sábado ao domingo os reloxos adiantan unha hora, e que se a Unión Europea non o remedia os cambios de hora seguirán producíndose polo menos ata o 2026.