Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esta noite toca cambiar os reloxos: comeza o horario de inverno

Esta noite toca cambiar os reloxos: comeza o horario de inverno

Ás 3:00 serán as 2:00 horas na península e ás 2:00 será a 1:00 nas Canarias

Cambio de hora na península
G24.gal 29/10/2022 18:32 Última actualización 29/10/2022 19:04

Esta madrugada hai que atrasar os reloxos, de xeito que ás 3:00 serán as 2:00 horas na península e ás 2:00 será a 1:00 nas Canarias. O cambio suscita críticas entre algúns sectores e parte da poboación.

Aínda que houbo debate e iniciativas a prol de eliminar os cambios de hora no futuro, aínda non existe unha decisión definitiva, por iso polo momento segue en vigor o tradicional troco. Finaliza así o horario de verán que comezou en marzo.

Fixéronse varias investigacións sobre os posibles efectos destes axustes tanto no organismo coma no consumo enerxético. Porén, ningunha sacou conclusións determinantes. 

Os trastornos, se os hai, son mínimos: algo similar a un mini jet-lag que en todo caso ínflúelles máis á poboación infantil e ás persoas maiores. E de xeito pasaxeiro, poden producir cansazo e alteracións no estado de ánimo.

Consulta pública

En 2018, a Comisión Europea organizou unha consulta pública para coñecer a opinión da cidadanía europea. O 80 % das 4,6 millóns de persoas que participaron votou a favor de terminar co cambio horario.

Con todo, os Estados membros decidiron manter de momento o cambio estacional de horario, de aplicación os últimos domingos de marzo e de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos