Publicador de contidos
Publicador de contidos

Controlado o incendio da Gudiña que afecta case 80 hectáreas de superficie

Controlado o incendio da Gudiña que afecta case 80 hectáreas de superficie

As lapas obrigaron a cortar a N-525 no quilómetro 138 e desviar o tráfico pola A-52

Para o control do lume que se orixinou na parroquia de Pentes concentráronse 16 medios aéreos en apoio das brigadas forestais

Imaxes do BRIF Laza
G24.gal 24/08/2024 09:15 Última actualización 24/08/2024 21:24

Os equipos de extinción de incendios forestais en Galicia concentraron o seu traballo nas últimas horas na Gudiña, nun lume que comezou na parroquia de Pentes e que xa se deu por controlado tras arrasar case 76 hectáreas de minte arborado.

A fronte avanzou con rapidez malia o traballo de once brigadas, cinco axentes e seis técnicos apoiados por cinco motobombas, dúas pas, oito helicópteros e oito avións que se mobilizaron á zona.

Entre as brigadas mobilizadas, participaron tamén nos labores de extinción dous equipos de bombeiros de Estonia, que se atopan de estadía en Galicia no marco do mecanismo europeo de protección civil.

O 112 Galicia informou de que como consecuencia das lapas, estivo cortada de xeito puntual a N-525, ao seu paso pola Gudiña, entre os quilómetros 138 e 139. Habilitáronse desvíos pola autovía A-52 para os condutores que precisasen circular pola zona.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade