Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estabilizado o incendio de Puerto Real, en Cádiz, que deixa máis de 40 feridos

Estabilizado o incendio de Puerto Real, en Cádiz, que deixa máis de 40 feridos

Os servizos sanitarios atenderon un total de 42 persoas por inhalación de fume e queimaduras

As tarefas das próximas horas serán cruciais para lograr o control e extinción do incendio

G24.gal 07/08/2023 09:45

O incendio declarado en Puerto Real quedou estabilizado, fase previa ao seu control, esta pasada noite, segundo a información achegada polo Infoca na súa conta de Twitter. Desta maneira, restablécese o nivel cero de emerxencia e os efectivos desprazados ao Parque das Canteiras continuaron de madrugada e ao amencer do día traballando para o seu control.

 

 

Os servizos sanitarios atenderon un total de 42 persoas por inhalación de fume e queimaduras, todos elas con prognóstico leve, segundo a información achegada pola Junta de Andalucía. Os veciños das vivendas que máis risco corrían por proximidade ás chamas pasaron a noite algúns nas súas casas e outros, con familiares, segundo as declaracións da alcaldesa de Puerto Real, Aurora Salvador, a Canle Sur. Só requiriron ser evacuadas seis vivendas nun diseminado de Las Canteras e recomendouse o afastamento da zona doutras 20 familias.

O tempo complica as cousas

A rexedora recoñeceu que o vento de Levante que sopra estes días na costa gaditana "fai que os rescaldos volvan formar pequenos redutos de lume", polo que as tarefas das próximas horas serán cruciais para lograr o control e extinción do incendio. A imaxe, en palabras de Aurora Salvador, é "impactante". "Las Canteras para Puerto Real son moitas cousas", manifestou a primeira edil, que adianta que a superficie queimada abarca "unha grande extensión" do "pulmón verde da Baía".

Aínda que a orixe e as causas do lume están a ser obxecto dunha investigación policial, Antonio Sanz adiantou que "hai dous focos diferentes e no mesmo tempo", concretamente, un en Las Canteras e outro na contorna do Hospital de Puerto Real. Este domingo sopraba vento de levante en Cádiz e as temperaturas superan os 35 graos, mentres se espera para este luns unha intensificación da onda de calor.

O lume queimou 60 hectáreas

A delegada do Goberno da Junta de Andalucía en Cádiz, Mercedes Colombo, pediu que os cidadáns non entren no Parque das Canteiras de Puerto Real, no que se produciu o incendio forestal xa estabilizado e que podería afectar a unhas 60 hectáreas.

Colombo dixo aos medios de comunicación que ata o momento só houbo feridos leves pero pódese producir "unha desgraza persoal" se alguén entra nas Canteiras e precisou que hai que facilitar o traballo dos bombeiros.

Nun comunicado, o Concello de Puerto Real sinalou que os corpos de Policía Nacional e Local, así como os técnicos do Infoca, estableceron un perímetro de seguridade ao redor do parque e alertou do "grave risco" que podería supoñer acceder ao Parque.

Colaboración cidadá

O conselleiro da Presidencia fixo un chamamento á colaboración cidadá para que ante calquera situación anómala" se dea aviso ás Forzas de Seguridade do Estado. "Esa colaboración pode ser vital", remarcou. O lume afectou a catro zonas: Las Canteras, Toruño, Las Aletas e a contorna do Hospital de Puerto Real, onde "en todo momento" a situación estivo "controlada", en palabras de Antonio Sanz, que destacou a "gran despregadura de medios", con 256 persoas, entre eles un centenar de bombeiros forestais, 30 do Consorcio Provincial, nove vehículos, tres autobombas e oito medios aéreos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade