Publicador de contidos
Publicador de contidos

Controlado o incendio forestal en Ponteareas que calcina 40 hectáreas

Controlado o incendio forestal en Ponteareas que calcina 40 hectáreas

O lume, o primeiro grande incendio do verán en Pontevedra, mantivo en alerta durante a noite os veciños do lugar de Paredes

Imaxes da zona queimada en Paredes despois do incendio
G24.gal 17/08/2024 12:39 Última actualización 17/08/2024 12:50

A Consellería do Medio Rural deu por controlado este sábado o incendio do concello pontevedrés de Ponteareas que afecta, segundo as primeiras estimacións, 40 hectáreas.

É o primeiro grande incendio deste verán en Pontevedra.

O lume orixinouse este venres contra as 18:55 horas na parroquia de Paredes e quedou estabilizado ás 2:37 horas deste sábado.

Ata o incendio forestal  mobilizáronse tres técnicos, 17 axentes, 32 brigadas, 22 motobombas, tres pas, oito avións e sete helicópteros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade