Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estados Unidos cre que os obxectos voadores poderían estar dedicados á investigación

Estados Unidos cre que os obxectos voadores poderían estar dedicados á investigación

Non descartan que se estean usando para fins comerciais ou de investigación

G24.gal 14/02/2023 16:53 Última actualización 14/02/2023 17:59

Estados Unidos cre que os tres obxectos voadores que derrubou nos últimos días non están ligados á China, e poderían ser usados para fins comerciais ou de investigación.

Aínda así, os Estados Unidos seguen buscando os restos deses tres obxectos derrubados para analizalos e ter unha mellor idea da súa natureza.

"Por agora, e estou a avisar que é só por agora, non vimos indicios ou nada que apunte á posibilidade específica de que estes tres obxectos sexan parte do programa de espionaxe da República Popular China, ou que estivesen implicados nalgún tipo de traballo de intelixencia", dixo o voceiro da Casa Branca Jonh Kirby.

Estados Unidos abateu o pasado 4 de febreiro un globo "espía" chinés sobre augas do Atlántico fronte ás costas de Carolina do Sur, e nos últimos tres días derrubou outros tres obxectos voadores no seu territorio e no Canadá, dos que de momento non puido confirmar a súa orixe.

Tras o incidente do globo "espía" chinés, o Goberno de Joe Biden acusou o Executivo chinés de desenvolver un "programa" de globos espía, que xa sobrevoaron máis de 40 países en cinco continentes.

O Goberno chinés asegurou que o primeiro obxecto derrubado era un globo meteorolóxico que se desviou da súa traxectoria e denunciou que polo menos dez globos estadounidenses sobrevoaron A China no último ano, algo que Washington nega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade