Estampa Popular Galega. A exposición secuestrada.
Estampa Popular Galega. A exposición secuestrada.
“Ao fin a Estampa Popular Galega non foi expulsada da Historia”
Tui acolle a memoria da última exposición da Estampa Popular Galega
O paso do tempo e o peso da represión na mostra coas obras de 1968
“A arte nace no pobo e ten que ser para o pobo”. Remataba así o Manifesto co que se presentara Estampa Popular Galega, a iniciativa promovida por Reimundo Patiño e Xavier Pousa reuniu diferentes artistas arredor da vangarda e unha arte popular.
O Concello de Tui e a Fundación Xavier Pousa organizan a exposición que recupera a do ano 1968.“A exposición secuestrada. Estampa Popular Galega, Tui-1968”, comisariada por Xosé Enrique Acuña, é homenaxe, recoñecemento e revisión do discurso artístico e os traballos que sustentaron aquela Estampa Popular Galega.