Publicador de contidos
Publicador de contidos

Este luns tiña que completarse o rearranque de Alcoa, pero a empresa non o confirmou

Este luns tiña que completarse o rearranque de Alcoa, pero a empresa non o confirmou

O Comité de empresa pídelle información á dirección

G24.gal 01/04/2024 16:12

O comité de empresa da planta de Alcoa en San Cibrao pediu información á dirección da compañía sobre o rearranque das 32 cubras da fábrica de aluminio, xa que estaba previsto que este 1 de abril estivesen todas en funcionamento.

O presidente do comité, José Antonio Zan, asegurou descoñecer se este rearranque se produciu ao completo.

En 2022 a produción de aluminio primario na factoría detívose. Non foi ata mediados do pasado mes de febreiro cando se iniciou de novo a posta en marcha das cubas de forma gradual.

Por iso, este xoves, día 4 de abril, manterán unha reunión de seguimento en Madrid coa dirección da compañía para coñecer a situación actual de Alcoa San Cibrao.

A pesar de todo, Zan subliñou que o "principal problema" ao que se enfrontan na actualidade é o "incumprimento", por parte da empresa, da construción do forno de cocción de ánodos, que el considera "indispensable".

Así, pediu que estes traballos comecen "canto antes", porque este forno é un "piar básico" do acordo de viabilidade e del dependen moitos postos de traballo. Ademais, tamén urxiu información sobre a aprobación dos parques eólicos que darán servizo a Alcoa San Cibrao.

O acordo asinado entre a dirección da empresa e os traballadores pasa por poñer en marcha 32 cubas este 1 de abril e continuar coa ampliación progresiva ata alcanzar o pleno funcionamento en outubro de 2025. Con todo, ao longo dos últimos meses a dirección de Alcoa lanzou mensaxes sobre o risco para o futuro da planta e os investimentos comprometidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade