Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estudan se o illamento e as máscaras causan a hepatite infantil aguda

Estudan se o illamento e as máscaras causan a hepatite infantil aguda

Diferentes especialistas apuntan as medidas de protección e o confinamento

O sistema inmunolóxico altérase ao cambiar as condicións normais de vida

G24.gal 05/05/2022 12:43 Última actualización 05/05/2022 13:39

Diferentes hipóteses sen confirmar e unha mestura de todas elas como causa máis probable. É o que barallan os especialistas respecto do andazo de hepatite infantil aguda que xa afecta 22 cativos en España. Unha das hipóteses máis estendidas pon o foco en alteracións no sistema inmunolóxico dos menores derivado dos períodos de illamento e do uso prolongado de máscaras.

Este tipo de hepatite está causada por un virus diferente dos que causan a hepatite común. O habitual é que o paciente sande el só, pero pode haber complicacións. Con todo, os expertos chaman á calma recordando que o número de casos é aínda moi reducido. Entre os pais dos cativos hai preocupación, pero, sobre todo, falta de información.

O que se recomenda aos pais é vixiar a cor da pel, os ollos e os ouriños dos cativos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade