Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estudantes galegos recrean nun taller a narrativa fotográfica de Helmut Newton

Estudantes galegos recrean nun taller a narrativa fotográfica de Helmut Newton

Ver nunha foto máis alá da imaxe é o obxectivo dun obradoiro que xira arredor da mostra do fotografo que se pode visitar na Coruña

G24.gal 14/03/2024 14:56

Estudantes galegos emulan nun taller educativo o artista Helmut Newton, recreando a súa narrativa fotográfica. Con esta experiencia, a Fundación Marta Ortega Pérez quere aproveitar a mostra de Newton aberta na Coruña para educar a mirada de nenos e mozos na cultura da fotografía.

Teñen o reto de crear o seu propio universo newtoniano poñendo en práctica o que antes aprenderon nas aulas. Poden usar espellos, marcos, obxectos antigos, luces e oito minutos para comprobar no estudio que con Helmut Newton nada quedaba ao azar.

O obxectivo é que entendan que todo está medido e controlado, mesmo o que parece casual. Que consigan imaxinar o imposible. Ver nunha foto máis alá da imaxe. E entender o traballo que hai detrás.

María Martul, a fotógrafa encargada de guialos, destaca que "queremos que xoguen coa narrativa das sombras, dos filtros, da fotografía analóxica e que incorporen estes coñecementos á súa bagaxe audiovisual, que é moita".

Por este estudio da Fundación Marta Ortega Pérez pasarán máis de nove mil alumnos para mergullarse na narrativa audiovisual de Newton, a carón dunha mostra que permanecerá aberta ao público ata o 1 de maio no Peirao de Batería da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade