Publicador de contidos
Publicador de contidos

Europa comprométese a non atrasar a análise da proposta española para abaratar a luz

Europa comprométese a non atrasar a análise da proposta española para abaratar a luz

A Comisión Europea di entender a urxencia española

G24.gal 29/03/2022 21:42

Parte das medidas enerxéticas extraordinarias do Goberno español para atallar o prezo da luz terán que conseguir o visto e prace da Comisión Europa, que agarda recibilo esta mesma semana. E en canto se reciba, comezará o proceso da súa avaliación.

Bruxelas evita adiantar os tempos, é cedo para facelo porque a resposta sobre as medidas españolas dependerá do seu grado de detalle. A Comisión Europea mantén o compromiso de analizar sen atrasos o plan gasista do Goberno porque recoñece ser consciente da urxencia dos consumidores españois agora mesmo ante a presión da factura da luz.

Fontes do Goberno explican á Televisión de Galicia que o plan será enviado ao Departamento de Competencia da Comisión, o encargado de avaliar a legalidade das axudas públicas. E que o límite do prezo do gas que fixarán pra evitar o encarecemento da electricidade será o máis baixo posible, dentro dun abano que pode ser dos 30 a 50 euros o megawatt de gas.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade