Publicador de contidos
Publicador de contidos

Euskadi únese á estratexia de baixar impostos e anuncia unha rebaixa do IRPF para o ano que vén

Euskadi únese á estratexia de baixar impostos e anuncia unha rebaixa do IRPF para o ano que vén

O PP e o PSOE confrontan na política fiscal

G24.gal 23/09/2022 20:25

Íñigo Urkullu, lehendakari: "Unha nova deflactación do IRPF que entrará en vigor en 2023 co obxectivo de atallar a inflación subxacente prevista".

Así xustifica o lehenkadari Urkullu a súa estratexia de rebaixar os impostos, que conta co apoio dos socialistas de Euskadi. Segue a senda das comunidades do PP, que levan meses apostando pola deflactación para sortear a crise.

Alberto Núñez Feijóo, o presidente do PP, di: "No mes de abril xa propuxemos aliviar a carga fiscal aos cidadáns e ás empresas porque o incremento de recadación polo incremento de prezos témolo que devolver a quen o pagou de máis".

O Goberno discrepa coa receita de baixar impostos

Para o Goberno, reducir neste momento a recadación a través dos impostos é unha irresponsabilidade que, aseguran, pode poñer en risco o estado do benestar. E insisten na aposta de gravar as grandes fortunas.

Pedro Sánchez, o presidente do Goberno, asegura: "Haberá reformas fiscais que garantan que quen máis ten máis achegará á facenda pública para ter un estado do benestar moito máis forte"

O presidente da Generalitat, o socialista Ximo Puig, propúxolle a Pedro Sánchez que na repartición de fondos estatais se penalice as autonomías que baixen impostos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade